domingo, 14 de junio de 2015

Unha tarde entre libros

É venres. Toca o timbre. Todos marchan con ganas de chegar ás súas casas e esquecerse do colexio ata ao luns. Pero un grupo de rapaces esperan, no espazo de lectura, emocionados pola experiencia que van vivir esa tarde. Tiñan unha cita importante en Gondomar.







Coma en todas as sesións iniciamos cun bo xantar. E desta vez a nai de Uxía preparou pizzas para os seus compañeiros. Ademais recuperamos os bos costumes cunha sobremesa coma as de antes.

Quixemos pechar esta etapa do club despedindo ás compañeiras de cuarto que se van do centro e recordando momentos entrañables da nosa historia.


Ás catro collemos rumboa a  Gondomar, alí estaba Aida e Machusa agardando por nós. Tiñamos unha misión importante, buscar e seleccionar novos fondos para a nosa biblioteca. Aos que nos gustan os libros gústanos estar entre eles, falar deles e gozar con eles. Estes foron os ingredientes dunha tarde na que os LIBROS e os LECTORES do Librako foron os protagonistas.

  

A tarde do venres poderíase resumir nunha soa palabra: EMOCIONANTE.

0 comentarios: