miércoles, 26 de octubre de 2016

O club dos martes

O martes 25 de outubro, ás 19:30 tivemos a primeira reunión do Club de lectura de adultos.

Este ano decidimos pór nome ao noso club. Imos chamarnos “O Club dos martes”.

Nesta sesión fixemos a primeira proposta de lectura: La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernseyde Mary Ann Shaffer and Annie Barrows.

Foi unha sesión moi interesante na que compartimos as impresións e as inquedanzas que espertan os libros en nós, ademais de compartir un anaco agradable.

A nosa vindeira xuntanza será no mes de novembro. Boa lectura a todos!