martes, 29 de noviembre de 2016

O Club dos Martes


Hoxe, ás 19:30 horas, na biblioteca do CPI, reunímonos de novo o "Club dos Martes".
Unha sesión moi interesante na que fixemos unha reflexión da nosa primeira proposta de lectura: La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. 
Falamos de todas as ideas que sacamos da lectura e fixemos unha análise exhaustiva desta. O libro non deixou indiferente a ninguén e todas tiñamos algunha anécdota que contar. Gustou moito e como primeira elección foi un acerto.
A segunda proposta de lectura é Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Esperamos que resulte tan interesante coma a anterior. Pasamos un rato entretido e foi unha sesión moi agradable! Quedamos convocados para xaneiro.

0 comentarios: