viernes, 10 de marzo de 2017

O Club dos Martes


O martes 7 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca do CPI, tivo lugar a cuarta xuntanza do Club de lectura de adultos.









Nesta sesión e coma sempre cada participante comentou o que lle pareceu a lectura do libro El puente de los cerezos de Blanca Álvarez. Saíron ideas moi interesantes... o que facían as mulleres chinas para comunicarse sen que ningún home as puidera descubrir cambiando a dirección da escrita.
Tamén puidemos comprobar como un libro causa distintas emocións nas persoas. Foi moi interesante!



Tamén fixemos a presentación da nosa seguinte proposta lectora, Non hai noite tan longa de Agustín Frernández Paz, unha novela moi intrigante que nos leva ao pasado moi recente e que esperamos sexa do gusto dos membros do noso club.
Quedamos convocados para o día 25 de abril, á mesma hora!

0 comentarios: