jueves, 1 de junio de 2017

O Club dos martes

Este martes tivo lugar a sexta xuntanza do Club de lectura de adultos. Nesta sesión comentamos o que nos pareceu o libro La chica del tren de Paula Hawkins. 
O libro non gustou por igual, unhas non puideron parar de ler e outras estaban desexando terminalo. Os problemas e traumas das protagonistas fixeron mella nas distintas ideas e pensamentos de cada unha de nós.
 



Con este libro probamos os e-books e as tabletas para lelo.

Tamén fixemos un repaso e unha valoración de todos os libros lidos este ano e cal nos gustou máis.







A nosa seguinte proposta lectora vai ser O señor Ibrahim e as flores do Corán de Eric-Emmanuel Schmitt. Seguro que non deixará indiferente a ninguén, desfrutade do libro!
 
  
Quedamos convocados para o día 9 de xuño para a nosa última xuntanza deste curso na que faremos unha pequena festa de despedida por parte do club.

Estades convidados!

0 comentarios: