jueves, 2 de noviembre de 2017

Comeza o Club dos martes!

O martes, 24 de outubro, ás 19:30, tivemos a primeira reunión do Club dos martes na biblioteca...
Comezamos con moitas ganas por parte de todas. E temos catro novas lectoras. Xa somos trece!
Fixemos a primeira proposta de lectura, O corazón da branca de neve de Francisco Castro.
Foi unha sesión moi interesante na que fixemos unha presentación de nós mesmas e compartimos un rato agradable.
A nosa vindeira xuntanza será o 21 de novembro. Boa lectura!

0 comentarios: