sábado, 27 de enero de 2018

O Club dos martes

Na sesión do martes, 23 de xaneiro, fixemos unha valoración moi positiva do libro Todo isto che darei de Dolores Redondo. Chamounos moito a atención o título da novela.
Falamos de...
A Galicia profunda
A evolución dunha das personaxes, o policía
As choradeiras 
A descrición espectacular das paisaxes que nos paseaban por Galicia
As aparencias
As tapas dos bares típicas galegas que tanto sorprendían á personaxe principal
As cacicadas
E, sobre todo, do feísmo típico das construcións galegas!
Unha sesión moi entretida!
A seguinte proposta de lectura é Tiempo de milagros de Anne-Laure Bondoux. Coido que resultará un libro moi entrañable e cunha temática de actualidade. Espero que guste!

0 comentarios: