martes, 10 de abril de 2018

Xornada de Formación no Uso da Radio

Este martes, membros do noso club participaron nunha Xornada de Formación no Uso da Radio, impartida por Radio Espora.
O día anterior preparamos os programas Bookclubers. Elaboramos varias entrevistas onde recomendamos diferentes lecturas.
Na primeira parte houbo unha formación xeral onde o relator aclarou conceptos radiofónicos,recibiron algún consello para a gravación en directo e practicaron a transmisión de mensaxes utilizando a entoación axeitada.
Na segunda parte da formación aprenderon a manexar a mesa de mezclas e todos os pasos a seguir antes, durante e despois da gravación dos programas.
Unha xornada moi interesante e unha boa experiencia!
Podedes escoitar as nosas recomendacións na voz da mata!...
Recomendación de Carla e Vania
Recomendación de Sara e Carla

0 comentarios: