jueves, 12 de abril de 2018

O Club da Calceta

Este martes, 10 de abril, celebramos unha sesión de cine, O Club da Calceta. Comprobamos a diferenza entre o libro e a película.
E como non podía ser doutra maneira, preparamos flocos de millo. Non hai sesión de cine sen eles!
Chegamos á conclusión de que o libro é moito mellor ca película. A pesares de ser moi boa!
Tanto o libro coma a película espertaron en nós instintos moi primitivos... A calceta conseguiu unir a mulleres moi "variopintas" e de moi distintas idades.
Pasámolo moi ben!
A seguinte proposta de lectura é Amor é unha palabra coma outra calquera de Franciso Castro. a ver se nos sorprende con este libro como o fixo coa nosa primeira lectura deste ano.
Quedamos convocadas para o vindeiro 8 de maio!
Por certo...
Grazas á nosa compañeira Salvi polo agasallo que fixo para todas
co motivo da lectura!

0 comentarios: