jueves, 23 de marzo de 2017

Ponte nos seus zapatos...

Por que non pornos nos zapatos dun refuxiado e dar o primeiro paso para entender a súa situación?
Pois iso fixemos na sesión do club de lectura de onte!
 Xogamos tamén a poñernos na pel dun refuxiado!
http://www.contravientoymarea.org/
 E, por último, repartimos os libros...
Unha selección de banda deseñada relacionados co noso proxecto MigrAndo
 Boa lectura!

viernes, 10 de marzo de 2017

O Club dos Martes


O martes 7 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca do CPI, tivo lugar a cuarta xuntanza do Club de lectura de adultos.










 
Nesta sesión e coma sempre cada participante
comentou o que lle pareceu a lectura do libro “ El puente de los cerezos”de Blanca Álvarez. Saíron ideas moi interesantes... o que facían as mulleres chinas para comunicarse sen que ningún home as poidera descubrir cambiando a direción da escrita.
 

Tamén poidemos comprobar como un libro causa distintas emocións nas persoas. Foi moi interesante!




Tamén fixemos a presentación da nosa seguinte proposta lectora: “Non hai noite tan longa” de Agustín Frernández Paz, unha novela moi intrigante que nos leva ao pasado moi recente e que esperamos sexa do gusto dos membros do noso club.



Quedamos convocados para o día 25 de abril, á 

mesma hora!

jueves, 2 de febrero de 2017

O Club dos Martes

O martes 1 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca do CPI,

reunímonos de novo o “Club dos Martes”.



Nesta sesión fixemos unha valoración moi positiva do libro “ Os 

fillos do mar” de Pedro Feijoo.



O libro resultou interesante e todo o mundo opinou sobre el

favorablemente.

As ideas foron fluindo de manera esponténea e a valoración foi moi

positiva.



A terceira proposta de lectura é El puente de los cerezos de 

Blanca Alvarez, un libro que coido resultará moi entrañable. Espero

que guste a lectura.




Unha sesión moi entretida!


Quedamos convocados para o 7 de marzo, boa lectura.





miércoles, 7 de diciembre de 2016

Compartindo lecturas!

O venres pasado, os membros Club de Lectura compartiron co resto do alumnado de Secundaria parágrafos de libros que non lles deixaron indiferentes.

Grazas por este agasallo!

martes, 29 de noviembre de 2016

O Club dos Martes


Hoxe, ás 19:30 horas, na biblioteca do CPI, reunímonos de novo o "Club dos Martes".
Unha sesión moi interesante na que fixemos unha reflexión da nosa primeira proposta de lectura: “La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey” de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. 
Falamos de todas as ideas que sacamos da lectura e fixemos unha análise exhaustiva desta. O libro non deixou indiferente a ninguén e todas tiñamos algunha anécdota que contar. Gustou moito e como primeira elección foi un acerto.
A segunda proposta de lectura é "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo. Esperamos que resulte tan interesante coma a anterior. Pasamos un rato entretido e foi unha sesión moi agradable! Quedamos convocados para xaneiro.

martes, 22 de noviembre de 2016

Na pel de...

Mañá celebraremos a nosa segunda sesión do Club de lectura de secundaria.
Queremos poñernos na pel de migrantes de diferentes países e contar as súas experiencias...
                Buscando...
                            Atopamos unha páxina moi interesante...

Nela aparece un vídeo co perfil de cada unha das testemuñas do proxecto Diálogos Migrantes, con imaxes do recoñecido fotógrafo Joan Tomás...

viernes, 4 de noviembre de 2016

A nosa primeira sesión

O mércores pasado tivemos a nosa primeira sesión do Club de Lectura!
Presentámonos...
             Explicamos por que estamos neste club...
Descubrimos as nosas preferencias lectoras...
E, ao final, repartimos os libros!
Moi agradable a nosa primeira xuntanza!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Somos distintos, somos iguais


Antes de volver a abrir o noso Club estivemos indagando...
E nunha canción de Celtas Cortos, El emigrante, atopamos o lema deste ano...
Somos distintos
somos iguais.

Hoxe comeza a nosa andaina!

miércoles, 26 de octubre de 2016

O club dos martes

O martes 25 de outubro, ás 19:30 tivemos a primeira reunión do Club de lectura de adultos.

Este ano decidimos pór nome ao noso club. Imos chamarnos “O Club dos martes”.

Nesta sesión fixemos a primeira proposta de lectura: La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernseyde Mary Ann Shaffer and Annie Barrows.

Foi unha sesión moi interesante na que compartimos as impresións e as inquedanzas que espertan os libros en nós, ademais de compartir un anaco agradable.

A nosa vindeira xuntanza será no mes de novembro. Boa lectura a todos!